Benvidas familias!!!

Benvidas familias!!! Este é o voso blog. A través del estaredes enteradas do día a día do campamento Depo Aventura A Lanzada 2019.

Como ben sabedes, este campamento está organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude. Este ano 2019, a empresa adxudicataria é Golfiño Xestión de Ocio.

O campamento deste ano recibe o nome de “A Lanzada,  Natural World Tour”. Presentamos un proxecto multidisciplinar que baixo este nome englobará diversas actividades destinadas a favorecer a igualdade, a inclusión, o respecto e coñecemento da natureza, e a dinamizar o coñecemento multicultural do entorno.

  • Natural: todo o que nos rodea no entorno da Lanzada é natureza, e debe ser e será o contexto no que nos atopamos quen nos guíe na nosa proposta.
  • World: porque na nosa inmersión lingüística na Lanzada, queremos transmitir a importancia da lingua inglesa como esencial para entender o mundo e entendernos nel.
  • Tour: porque presentamos a Lanzada como unha viaxe polo mundo, na que descubrir diferentes países, cultura, lingua, tradicións, natureza…facendo cada día unha parada en cada un dos continentes habitados.

Así a nosa proposta campamental de inmersión lingüística para o campamento Depo Aventura 2019, quere promover a presenza da lingua inglesa dun xeito transversal, presente cada día, cunha continuidade temporal, pero sen que sexa vista para os rapaces/as como unha imposición.

A Lanzada amosará cada día un continente diferente, da man de animaliños viaxeiros, que lle farán ver aos rapaces/as, a importancia que ten o idioma.

OBXECTO

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e os nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa «Depo Aventura A Lanzada» 2019 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu contorno habitual.

OBXECTIVOS
  1. Fomentar o contacto coa natureza
  2. Ensinar a desenvolverse nun medio non habitual
  3. Potenciar a motricidade e a maduración persoal
  4. Ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva
  5. Desenvolver a sociabilidade entre as e os menores
  6. Inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico
  7. Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza
  8. Darlles a oportunidade de participar a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos